O pasado día 5, do mes 5 ás 5 da tarde reunímonos no CFR de Ferrol 9 responsables das 13 bibliotecas escolares de Ferrolterra incluidas no PLAMBE. Realmente éramos 11, pois dúas compañeiras xustificaron a súa ausencia e prometeron non faltar á seguinte. (A inauguración da Biblioteca de Somozas é causa máis que xustificada para non vir. Están cos preparativos da celebración!!!! Dende aquí enviámoslles os nosos parabéns.)
Nesta ocasión fixo de mestre de cerimonias Antón Cortizas, en Sanxenxo foi Pilar Sampedro, así que os dous quedan nomeados "Membro Honoris Causa" do grupo Plambe-Ferrol.
Comezamos presentándonos xa que non nos coñecíamos todas (Perdoa Juan, pero como ven sendo habitual neste tipo de encontros, os homes estades en franca minoría, así que imos utilizar o feminino... para variar...)
Comezamos expoñendo o motivo que nos traía á reunión, que non era outro que "botar a andar unha nova etapa de colaboración e reflexión compartida". O traballo colaborativo, a posta en común das nosas experiencias e tamén, como non, facer terapia de grupo, que sempre ven moi ben, é causa máis que suficiente para este "mini-encontro plambeiro".
Falamos do que estamos a facer, dalgúns dos nosos proxectos, fixemos terapia... e despois dunha hora longa de conversa, chegamos ás seguintes conclusións:
Reunírmonos unha vez ao mes. A próxima reunión será o luns 6 de xuño ás 5 da tarde no CFR de Ferrol
Orde do Día
Programación de actividades para o 1º trimestre do curso 2008-2009
Reunírmonos unha tarde para irnos poñendo ao día nesto das novas tecnoloxías.
Redacción dun escrito para enviar á Dirección Xeral, á Asesoría de Bibliotecas Escolares e ao CFR de Ferrol no que queremos reivindicar:
A asesoría de Bibliotecas Escolares no CFR de Ferrol
O recoñecemento da figura do/a Responsable da Biblioteca Escolar no ROC
Creemos que para ser o primeiro día, e chegar todas unha miaxiña tímidas, non o fixemos nada mal, non si?
O noso desexo é que este sexa o principio dunha nova andaina positiva e enriquecedora para todas nós. Do traballo colaborativo é de onde saen as mellores experiencias.

Ata o dous de Xuño! De aquí vai saír algo moi, moi grande!!!!
2 comentarios:
Noraboa por este novo blog que ten unha pinta fantástica e ao que lle seguiremos a pista desde Sarria.
Saudos de Raquel
Pois si que saímos "guapas e guapo" na reunión... Nótasenos cara de entusiasmados.
Fóra bromas: felicidades polo blog e benvidos.
Saúdos desde a Biblioteca do CEIP de Pazos.
Publicar un comentario