sábado 6 de febrero de 2010

Cupido tamén sufre a crise?


Non pode ser! Non o podemos permitir! Temos que darlle traballo! Así que, qué vos parece un concursiño de cartas de amor? Dende a Bibliotelleiras convocamos un CONCURSO DE CARTAS DE AMOR OU AMIZADE. Tedes de prazo de entrega ata o vindeiro 19 de Febreiro (extensión máxima: unha cara dun folio).
Gracia , coma sempre, grazas pola vosa xenerosidade artística.

domingo 24 de enero de 2010

SEMANA DA PAZ NA BIBLIOTELLEIRAS

Esta semana celebraremos a Semana da Paz no IES As Telleiras. Ademáis das actividades que realizaredes na aula cos vosos titores e titoras relacionadas coa Paz, dende a Bibliotelleiras propoñémosvos varias actividades. A primeira, a partir de mañá, concurso de Premios Nobel da Paz. Pasade por aquí nos tempos de lecer para ter máis información.

viernes 15 de enero de 2010

Gustache ler?

Botade unha ollada a este video. Vale a pena

lunes 21 de diciembre de 2009

Bo Nadal e boas lecturas


Ola a todas e a todos! Só queremos comentarvos que tedes na Bibliotelleiras unha pequena selección de libros dos que podedes disfrutar durante as vacacións de Nadal.
E nada máis! Dende a Bibliotelleiras desexamos que pasedes un bo Nadal e que teñades un fabuloso ano 2010!

martes 8 de diciembre de 2009

10 DE DECEMBRO: DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

Grazas Beatriz (IES Río Cabe)

martes 1 de diciembre de 2009

1 DE DECEMBRO. DÍA MUNDIAL CONTRA O SIDA

DETÉN A SIDA. MANTÉN A PROMESA.
NON Á DISCRIMINACIÓN DOS SEROPOSITIVOS
Vale a pena que miredes este video:
http://www.elpais.com/videos/sociedad/Campana/discriminacion/VIH/SIDA/diferencia/pones/elpvidsoc/20091130elpepusoc_2/Ves/

miércoles 25 de noviembre de 2009

25 NOVEMBRO, DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO



Hoxe é un día para a reflexión. Para pensar nesas persoas que son víctimas da violencia de xénero, homes e mulleres.

Tódalas bibliotecas escolares de Galicia xuntan hoxe as súas voces para intentar evitala.

Esta data foi elixida como conmemoración do asasinato das irmás Mirabal, activistas políticas na República Dominicana, polo gobernante dominicano Rafael Trujillo. Os seus corpos apareceron no fondo dun
precipicio.
As irmás Mirabal representaron, a partir daquel momento, a loita e a resistencia para todas as mulleres da República Dominicana.
Non á violencia de xénero. NON Á VIOLENCIA!
* Grazas Rosana.