domingo, 20 de abril de 2008

La Señorita Julia


Onte pola noite as participantes do Club de Lectura "Leixaprén" foron ver ao Teatro Jofre a obra "La Señorita Julia" de August Strindberg. Protagonizada pola actriz María Adánez (máis coñecida entre vós pola "Pija" de "Aquí no hay quien viva"), Raúl Prieto e Chusa Barbero, esta peza é unha das máis significativas do teatro sueco. A loita de sexos e o resentimento social son os dous exes do drama que se desenrola na noite de San Xoan.

E vós rapazas? As que viñestes ao teatro? Gustouvos? Escribide no Blog a vosa opinión. Xa sei, xa sei! Houbo dúas esceniñas un pouco subidiñas de tono! Quen nolo ía decir!

1 comentario:

alba dijo...

ola , para que logo non digan que non facemos uso do blog aquí tédelo meu 1º comentario.
A verdade é que a min gustoume a obra, un pouquiño larga pero estivo ben .
Quizais sobraban algunhas escenas ou tamén non recomendala obra para ollos sensibles ou corazóns hipercardiacos pero polo resto ben. Espero volver tela oportunidade de repetir experiencia

ata outra!