Bos días!
Agora, que parece que temos un pouquiño de tempo, vouvos poñer ao día das actividades que fixemos na Biblio e das que ainda non vos falei.
A actividade máis importante que tivo lugar na última semana de clases antes do Nadal foi a exposición de ciencia ficción (Expo CI-FI 2007). Moitos de vós xa a víchedes en vivo e en directo pero, para os que non tivéchedes esa sorte, vouvos resumir o que podíades atopar nela.
Por un lado, na sala de lectura tiñades un número nada despreciable de exemplares de obras de ciencia ficción dos mellores autores do mundo enteiro e de tódolos tempos. Estaban distribuidas en varias seccións: autores americanos ( como o maestro Asimov), europeos (como a avó Verne …), autores en lengua castelá e autores en lengua galega ( Caride Ogando).
Para a exposición de libros contamos coa inestimable colaboración da Biblioteca Municipal que colaborou conosco moi rápida e amablemente e prestounos máis de 50 obras.
Tamén na sala de lectura podiades ver unha mostra de películas de ciencia ficción. Dende obras maestras, clásicos do cine como “El Dr. Frankestein” ou “El Planeta de los simios” e obras recentes como “Déjà vu” ou “Minority Report”. Estas pelis xa están á vosa disposición na Biblio para coller emprestadas.
Por outra banda podiades visitar a outra parte da Exposición na entrada do Instituto. Alí, nos paneis-expositores tiñades información (tanto escrita como gráfica) de distintos aspectos da ciencia ficción : premios literarios e cinematográficos, revistas, autores máis destacados …. a nivel nacional e internacional.
Tamén neses días convocamos un concurso de relato curto de ciencia ficción. As gañadoras foron:
1º ciclo da ESO: María Díaz Serantes.
2º ciclo ESO: Andrea Ibáñez Francisco.
Bacharelato: Laura Barcia Sixto.
Ben, isto é todo ( amigos!). Temos que dicirvos que esta exposición, ainda que poida non parecelo, deu o seu traballo (sobre todo as montaxes fotográficas). Esperamos que vos gustara e se non foi así esperamos as vosas suxestións para que a próxima sexa mellor.

Se queredes podedes ver algunhas fotos de expo na seguinte dirección:
No hay comentarios:
Publicar un comentario