Aquí é onde se coce todo. Tentarei irvos dicindo todo o que se trama aquí para que poidades aproveitar ao máximo este rincón do mundo. Non sexades (polo de agora) demasiado críticos comigo, son novo e ainda non sei ben o que fago. O que si vos pediría é que participarades, que me axudedes a que eu sexa mellor cada día. OK? Imos aló pois!!
Vouvos contar as ÚLTIMAS NOVAS DA BIBLIOTELLEIRAS!!
- Préstamo de libros da Biblioteca Municipal a través da Bibliotelleiras. Tedes as bases de funcionamento na porta da Biblio. Tamén as porán no tablón de anuncios de cada clase.
- Formación do clube de lectura "Leixaprén". Os seus membros lerán obras escollidas por eles mesmos, verán pelis, irán ao cine, ao teatro e farán algunha comilona que outra. Non está mal, non?
- "O libro viaxeiro" Cada trimestre collerá as maletas un libro da Biblio e irase de viaxe por aí, de man en man de quen o queira ler. Agora mesmo anda por ahí "E agora que? de María Vassart, con motivo do 25 de novembro ( alguén sabe o que se conmemora ese día?).
- Tamén están a crear unha nova revista. Queres participar? Ainda estás a tempo. Vai pola Biblio!
- Este mes de decembro farase unha exposición de Ciencia Ficción. Neses días coñeceranse os nomes dos/das gañadores/as do concurso que se convocou o mes pasado.
QUE QUEREDES LER ALGO INTERESANTE?
Tedes na Biblio os Cadernos da Bibliotelleiras á vosa disposición. Neles tedes suxestións de lecturas interesantes. Este mes ,por exemplo, falan de obras como "Os dados do reloxeiro" de Xurxo Mariño, "El universo eléctrico" de David Bodanis ou "Aristóteles, Leonardo, Einstein y Cía" de E.P.Fischer. Todos eles relacionados co mundo da ciencia vista dende un punto de vista máis divertido.
Ben! Isto é todo por hoxe. Mañá é outro día. Queredes dicirme algo? Veña! Estou desexando que me contedes algo. Un bico.
P.S. Preséntovos ao meu pai:
http://centros.edu.xunta.es/iesastelleiras/
2 comentarios:
Noraboa por este traballo!!Xa temos un comenzo.Imos disfrutar do pracer da lectura
Ola Maite. Son o que son; e dende o ser que son, podo dicirche que es a que es, e non se pode ser mellor.
Publicar un comentario