Con este libro, E.P.Fischer consegue espertar a curiosidade do lector pola ciencia e os seus grandes protagonistas. Mediante un esbozo dos retratos fálanos de Aristóteles, Leonardo, Copérnico, Bacon, Keple, Descartes entre outros e faino de xeito riguroso e sinxelo.
Neste libro, Francisco Teixidó Gómez, cunha escritura elegante e amena, consegue integrar a xenética en aspectos diversos da bioloxía doser humano, dende aqueles puramente relacionados coa saúde ata os que teñen compoñentes ambientais e sociais.
Neste libro, Francisco Vinagre quere achegar os coñecementos relacionados coa ciencia e a tecnoloxía, que se deron dende os tempos máis remotos da lendaria Grecia ata principios do século II a.C. Trátanse aspectos como: a medicina, agricultura, construcción de barcos...
empregando palabras cotiás, exemplos accesibles, nunca baixando no rigor científico nin no nivel do coñecemento.
Salpicada polo humor de Xosé Lois, esta obra é unha viaxe ao mundo físico e biolóxico no que vivimos, un mundo gobernado polo azar dos dados lanzados por un reloxeiro chamado evolución.
Nel, Bodanis conta a historia do progreso a través da historia do descubrimento da electricidade. Dalle á historia da electricidade un contexto máis amplo, que permite ver como cambiou o mundo e a sociedade ao ritmo dos descubrimentos. Escribe a historia de forma apaixoante, con Faraday, Hertz, Bell e outros como persoaxes reais, cos seus éxitos e fracasos, cos motores do seu ánimo ( o amor, a envexa, a necesidade...), coas aventuras das guerras mundiais de fondo ou coa traxedia homosexual de Turing (qué horrible final tivo o xenio que polo ano1973 xa sabía como era o computador dende o que escribimos hoxe).
No hay comentarios:
Publicar un comentario