domingo, 3 de marzo de 2013

POLO MENOS, PARÉMONOS A PENSAR....


Stéphane Hessel
Hoxe invitámosvos a ler o ensaio “Indignádevos” de Stéphane Hessel. O seu autor, nado en Berlín, formou parte da Resistencia francesa durante a Segunda Guerra Mundial. Foi capturado e enviado a dous campos de concentración. Trala guerra, participou na redacción da Declaración dos Dereitos Humanos. Tomou a nacionalidade francesa e viviu en París ata o día do seu falecemento, o pasado 27 de febreiro.
Foi un loitador sen tregua durante toda a súa vida defendendo causas relacionadas coa paz e os dereitos básicos do home como o dereito á vivenda, o deterioro do estado de benestar, as diferenzas (cada día máis pronunciadas) entre pobres e ricos…       
 "As sociedades están perdidas,  pregúntanse qué facer para atoparse e buscan  un sentido á aventura humana".
Resistente contra o nazismo, diplomático, escritor e pensador... Hoxe, máis ca nunca, parece que vale a pena botarlle una ollada á súa obra. Publicada en galego pola editorial Factoría K de libros, “Indignádevos” inspirou, en parte o movemento 15M e outros movementos de revolta social como a primavera árabe.
Haberá quen non se indigne pero, polo menos, parémonos a pensar.

No hay comentarios: