lunes, 19 de enero de 2009

ISTO NON PODE SER!


O tempo é escaso e as tarefas numerosísimas e longas, pero prométovos que a partir de hoxe falarei con vós unha vez á semana. Si,si! Son eu : o Blog da Bibliotelleiras. O que falou con vós xa non sei cando.
Deíxome de lerias e ao asunto. Últimas novas:
- Hoxe os alumnos de 2º de BAC van á Coruña ver unha obra de teatro en Inglés, "Robinson Crusoe". Mañá farán o propio os alumnos de francés de 4º ESO, 1º e 2º BAC. Pero nesta ocasión irán ver un musical titulado "Enchanté". Seguro que vos gusta!
- Estamos a finalizar as actividades da Biblio cos alumnos de 1º ESO; xa coñecen a Biblioteca como a palma da man!
-Hoxe no segundo recreo darase a coñecer o nome do/da Gañador/a do Concurso do Día dos Dereitos do Neno, quen será? quen será?
Mañá volo digo!

1 comentario:

O Segrel do Penedo dijo...

Benquerido Blog,
Esperamos esas conversas semanais.
Apertas dende Fene