jueves, 30 de octubre de 2008

DEIXÁDEME FALAR!!!!

Tanto tempo calado non é boa cousa. Teño que falar máis a miudo porque se non falo eu aquí non di nada ninguén.
Por se non o sabedes, son eu, o blog da Bibliotelleiras, quen vos fala. E que xa fai un tempo que non me deixan falar nin un pouquichiño!
Aí vos van dúas bombas informativas:
* A primeira, xa a escoitachedes: a Semana da Música da Bibliotelleiras (coa inestimable axuda de Manuel Sieiro, o profe de Música). A vindeira semana diremos quen gañou o concurso. E atentos a min, porque só eu volo direi.
* A segunda: esta semana celebraremos a Semana da Biblioteca e empezarán os cursiños de formación de usuarios. Os de 1º da ESO, preparádevos!
Víchedes a exposición de libros de medo que nos fixo Quique con motivo do Samaín? Eso si que mete medo! Máis que esta calabaza, que parace que non lle sentaron ben as fabas do almorzo.

E por último (si, vale, xa calo!) a partir de agora teredes á vosa disposición unha ligazón co Padroado da Cultura de Narón. Así poderedes estar ao tanto de tódalas actividades (que son moitas e moi interesantes) que organizan.

No hay comentarios: