Stéphane Hessel |
Hoxe invitámosvos a ler o ensaio “Indignádevos” de
Stéphane Hessel. O seu autor, nado en Berlín, formou parte da Resistencia
francesa durante a Segunda Guerra Mundial. Foi capturado e enviado a dous
campos de concentración. Trala guerra, participou na redacción da Declaración
dos Dereitos Humanos. Tomou a nacionalidade francesa e viviu en París ata o día
do seu falecemento, o pasado 27 de febreiro.
Foi un loitador sen tregua durante toda a súa vida
defendendo causas relacionadas coa paz e os dereitos básicos do home como o
dereito á vivenda, o deterioro do estado de benestar, as diferenzas (cada día
máis pronunciadas) entre pobres e ricos…
"As sociedades
están perdidas, pregúntanse qué facer
para atoparse e buscan un
sentido á aventura humana".
Resistente contra o nazismo, diplomático, escritor e pensador... Hoxe, máis ca nunca, parece que vale a pena botarlle una ollada á
súa obra. Publicada en galego pola editorial Factoría K de libros, “Indignádevos”
inspirou, en parte o movemento 15M e outros movementos de revolta social como a
primavera árabe.
Haberá quen non se indigne pero, polo menos, parémonos a pensar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario